Primeira sentenza que recoñece o dereito á carreira profesional ao funcionariado interino

A CIG afirma que gañou a primeira resolución neste sentido. 
Foto de arquivo dun exame de oposicións (Foto: Europa Press).
photo_camera Exames de oposicións (arquivo/EP).

Os servizos xurídicos da CIG gañaron a primeira sentenza que recoñece a unha persoa que é funcionaria interina o dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa por medio do réxime extraordinario publicado no DOG do 29 de marzo de 2019 nas mesmas condicións que se recollían para o persoal funcionario de carreira.

Así o manifesta o sindicato a través dun comunicado, no que indica que os efectos da resolución xudicial teñen “carácter xeral” xa que “a sentenza declara nulo, por discriminatorio, o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da Xunta con CCOO e UGT de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira e do persoal laboral da Xunta”.

Esta sentenza, afirma a central, abre o camiño para que as reclamacións de recoñecemento da carreira administrativa do persoal funcionario interino, que a CIG recomendou para aquelas persoas que o acordo coa Xunta deixou excluídos dese dereito, se vexan recoñecidas.

Comentarios