martes 26.05.2020

Prezos 'miserentos' en orixe e o leite como produto reclamo no súper

As organizacións agrarias denuncian as "ameazas" da industria para que as explotacións asinen contratos por baixo dos 0,29€/litro. Entrementres nas distribuidoras o leite continúa a ser empregado como un produto reclamo.

[Imaxe SLG]
[Imaxe SLG]

No novo escenario sen cotas lácteas o panorama non pinta mellor para as explotacións leiteiras. O prezo en orixe continúa polo chan e a industria atopou na sinatura obrigatoria de contratos por un ano unha nova ferramenta de presión para @s [email protected] @s que ameaza con non recoller o leite se non aceptan prezos en orixe que oscilan entre os 0,26-0,28 céntimos o litro, moi por baixo dos custes de produción. 

Así o denuncian as organizacións agrarias que alertan da desprotección que supón para o primeiro elo da cadea alimentaria fronte á industria e as distribuidoras. "A imposición de contratos obrigatorios a un ano por parte do Ministerio, sen establecer mecanismos que garantan uns prezos que cubran os custos de produción e eviten a posición de dominio das industrias na fixación unilateral de condicións; estase a converter nunha nova arma contra as gandeiras e os gandeiros", aseguran desde o Sindicato Labrego Galego (SLG). 

A caída dos prezos en orixe tradúcese nos supermercados en ofertas. Desde a Federación Rural Galega (Fruga) denuncian os casos de dumping --venda con prezos inferiores ao custe real de produción do produto-- que se ven acotío nos supermercados, hipermercados e grandes superficies. Así o reflicten através da fotografía captada por un gandeiro en Girona onde o cartón se comercializa apenas a 0,29 céntimos o litro.

Desta maneira, as distribuidoras empregan o leite como un 'produto reclamo' para atraer consumidoras ao constituír este un alimento de primeira necesidade. 

Diálogo ou mobilizacións

Desde o SLG anunciaron xa o lanzamento dunha campaña intitulada 'Mans arriba: este contrato lácteo é un atraco' coa que denunciarán perante os edificios administrativos da Xunta e o Valedor do Pobo o "modus operandi mafioso" co que actúan a industria e distribuidoras. Asemade, tanto o SLG como a Fruga exixen que a Consellaría de Medio Rural convoque a Mesa do Leite "para tentar solucionar esta crise a través do diálogo". 

No caso de que a Xunta "continúe instalada na parálise permanente da que está a facer gala e siga sen convocar ao sector, industrias e comercializadoras", anuncian que están [email protected] a iniciar maiores mobilizacións. 

comentarios