xoves 24/09/20

O persoal de Seaga irá á greve indefinida o 16 de setembro

Consideran que a restruturación do servizo contra Incendios Forestais non garante a continuidade dos actuais traballadores

manifestación, seaga, cig, incendios
manifestación, seaga, cig, incendios

O plan da Xunta para reordenar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) exclúe da puntuación para as futuras listas de contratación a experiencia acumulada por este colectivo moi golpeado pola precariedade. Os comités de empresa nas catro provincias acordaron finalmente convocar greve indefinida a partir do 16 de setembro co obxectivo de que o goberno galego rectifique.

O executivo, denuncian, fai perigar a continuidade dos 500 efectivos que traballan a día de hoxe en Seaga, pois nin aclara o papel que a empresa pública desenvolverá co reordenamento do servizo nin garante a súa incorporación “en igualdade de oportunidades” ao SPDCIF.

Se non se produce unha rectificación, “só puntúaría o persoal da Xunta e dos Concellos, polo que os traballadores de Seaga, con máis de 10 anos de experiencia nestas labores, quedarían fóra”, sinalan.

Aos motivos da greve súmase o malestar xerado tras o convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provinciais (FGAMP) para a limpeza de franxas de protección arredor de casas e núcleos de poboación, traballos que asumirá o persoal de Seaga.

Isto implicará, advirten, “un aumento considerábel de carga de traballo”.  

comentarios