O Tribunal Supremo sentenza que os interinos e interinas poden ser despedidos sen dereito a recibir ningunha indemnización. A resolución ditada polo pleno da Sala do Social do alto tribunal considera que non cabe outorgar indemnización algunha polo cese regular do contrato de interinidade. Nin sequera a dos 12 días que o Estatuto dos Traballadores e Traballadoras fixa para contratos de obra ou servizo e acumulación de tarefas.
En 2016 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) declaraba (a raíz dunha demanda) que os traballadores e traballadoras interinas tiñan dereito a percibir unha indemnización. Porén, meses despois o TXEU corrixía a súa propia doutrina e avalaba que houbese distintas indemnizacións para indefinidos e temporais.
Agora, os maxistrados do Supremo rexeitan que caiba aplicar o persoal interino unha indemnización por ser despedido.