O persoal de Estilismo da CRTVG anuncia mobilizacións: levan sen cobrar desde decembro

O servizo está contratado a una empresa que declarou concurso de acreedores en novembro.

crtvgBOA

O persoal do Servizo de Estilismo da Compañía de radio Televisión de Galiza (CRTVG), contratado á empresa New Model’s SL, denuncia que desde o pasado mes de deembro non cobran o seu salario, “despois de New Model’s declarar concurso de acredores o pasado 21 de novembro”. De aí que anuncien o inicio de mobilizacións.

Nun comunicado, achacan esta “actuación irresponsábel” ao empresario, H.O.G, e afirman “non poder entender a insolvencia de New Model’s cando o contrato de prestación de servizos coa CRTVG representa mais de 60% do seu volume de negocio”. 

“Tampouco podemos entender que o noso empresario, con outra empresa creada días antes da declaración concursal, estea a prestar o servizo de estilismo a Centroña Producións Audiovisuais para a produción de “Coma un Allo”, utilizando vestiario, persoal e medios propios da CRTVG, e facturando por ese servizo sen que a CRTVG faga nada para impedilo”, afírmase no comunicado, remitido pola sección da CIG na compañía pública.

Comentarios