Persoal do Clube Financeiro Atlántico pide a dimisión da xunta directiva

Denuncian que a "nefasta xestión"  do presidente e a xunta directiva levou á entidade ao concurso de acredores

Concentración do persoal do Clube Financeiro Atlántico (CIG)
photo_camera Concentración do persoal do Clube Financeiro Atlántico (CIG)

Traballadoras e traballadores do Clube Financeiro Atlántico concentráronse a pasada sexta feira 7 de febreiro diante das instalacións da entidade, na Coruña, en demanda do pago dos salarios que se lles adebedan e para denunciar "a incompetencia e a incapacidade de xestión do presidente e da xunta directiva, que arrastrou o clube a un concurso de acredores". O delegado de persoal da CIG, Manuel Soñora, explica a Nós Diario que a situación é insostíbel.

"As contas das socias e socios están embargadas por Facenda e levamos dous meses sen cobrar". Asegura, ademais, que o propietario debe catro anos de aluguer que non pagou "por mala xestión". O persoal non está disposto a acumular máis débeda e continuarán as mobilizacións o 14 e 21 de febreiro.

Comentarios