Persoal de Navantia en Ferrol bloquea durante tres horas a entrada ao estaleiro en sinal de protesta

Trátase dunha mobilización incluída no calendario de protestas en reclamación dun novo convenio colectivo para o centro.
Persoal de Navantia bloqueando a entrada o estaleiro en Ferrol. (Foto: Europa Press).
photo_camera Persoal de Navantia bloque a entrada o estaleiro en Ferrol (Foto: Europa Press).

Os traballadores de Navantia Ferrol bloquearon durante tres horas o acceso ás instalacións do estaleiro en reivindicación de avances na negociación dun novo convenio colectivo.

A protesta desenvolveuse entre as 05 e as 08 horas desta cuarta feira na entrada principal ao estaleiro e provocou problemas de tráfico na zona de Esteiro.

Durante esas tres horas, os traballadores impediron a entrada nas dúas portas de acceso á factoría da empresa naval pública.

Trátase dunha mobilización incluída no calendario de protestas en reclamación dun novo convenio colectivo para o centro.

Eólica mariña?

A semana pasada, Nós Diario informaba que Navantia analiza "posíbeis emprazamentos estratéxicos" ante a previsión de crecemento do sector da eólica mariña.

Fontes da compañía pública detallaron que a previsión de "crecemento exponencial da eólica mariña en Europa en xeral e no Estado español, e as necesidades derivadas do aumento do tamaño dos compoñentes dos futuros parques eólicos", motivan o que se estean estudando novos emprazamentos para o ensamblado final de compoñentes.

Comentarios