O persoal das industrias electrointensivas demanda “medidas efectivas”

Mobilización na Coruña de CIG, CCOO e UXT.

Alcoa @siliciodesabon
photo_camera (@siliciodesabon)

Traballadores e traballadoras de industrias electrointensivas mobilizáronse esta cuarta feira na Coruña, diante da Delegación do Goberno, para pedir “medidas efectivas” para este sector, que na Galiza representa por volta de 5.000 empregos directos.

A mobilización estaba convocada por CIG, CCOO e UXT baixo o lema ‘Enerxía solución’. Os tres sindicatos veñen trasladando a súa preocupación pola falta de avances nas medidas para a posta en marcha dunha tarifa industrial que reverta a crise que atravesan as industrias electrointensivas e as ameazas continuadas aos empregos e á actividade produtiva.

Durante a concentración cortouse o tráfico e prendeuse lume a unha morea de pneumáticos, xerando unha fumareda negra visíbel desde diferentes puntos da cidade.

Desde as centrais consideráse que o estatuto segue a ser insuficiente, que habería que corrixir estas deficiencias e achegar ademais medidas complementarias.

Comentarios