O persoal da administración de xustiza manterá a greve até que haxa acordo coa Xunta

Fan 44 días de paro e instan o goberno galego a una nova xuntanza,  após o persoal de xustiza avalase que os sindicatos poidan baixar a exixencia salarial

greve xustiza

Os traballadores de administración de xustiza avalaron esta cuarta feira a través dunha votación en urna e secreta que o comité de greve poida pactar un incremento salarial menor aos 190 euros máis ao mes. O comité de greve tomou nota do resultado e esta quinta feira reuniuse para avaliar o escenario  perante un mandato de maior "flexibilidade" mais instan a Xunta a amosar vontade de acordo.

De feito, a greve continúa até que haxa acordo coa Xunta. Esta quinta feria, o paro contou co apoio maioritario dos traballadores, segundo as centrais (77%) mentres a Xunta rebaixaba o seguimento a 35%. Os sindicatos de xustiza proporán á Xunta volver reunirse a vindeira segunda feira, día 26, para retomar as negociacións.

Na votacióntomaron parte un total de 1.430 traballadores, dos que 942 apoiaron que a postura dos 190 euros non fose o mínimo obrigatorio.

Comentarios