O persoal de consultas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo féchase por un hospital "100% público"

Traballadoras e traballadores de todos os sectores súmanse ao encerramento iniciado polos celadores mentres @s doentes continúan a denunciar as carencias do servizo. 

Comida Cunqueiro
photo_camera [Imaxe @EstafaCunqueiro]

O caos mantense no Hospital Álvaro Cunqueiro. As reclamacións administrativas e denuncias públicas d@s pacientes acumúlanse entre o desasosego dun cadro de persoal insuficiente ao que se suma a privatización do servizo de celadores. 

Perante esta situación a Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo convoca esta cuarta feira un encerramento dirixido @s profesionais de todos os sectores. "Sobran os motivos", afirman. O paro está previsto que sexa "continuado" mais "non indefinido" e sumaríase ao que manteñen desde a segunda feira @s celadores do complexo que protestan pola privatización do servizo através da contratación de persoal (Tiga) a meio dunha Empresa de Traballo Temporal (ETT)

Porén, tamén @s doentes están a padecer os prexuízos do modelo de xestión privada que rexe o Álvaro Cunqueiro. Denuncian, através das redes sociais e dos medios de comunicación, a privatización do aparcadoiro, do servizo de cátering e mesmo dos televisores, "dous por habitación, para pagar o duplo", sinalaba o familiar dunha persoa ingresada.

"O persoal está desquiciado e din que non hai persoal. Dous enfermeiros e dous auxiliares para 40 pacientes",

O doente é seu avó, operado o sábado. "O domingo pola mañá a cirurxá informou de que pola tarde lle servirían auga e en función da tolerancia pola noite daríanlle a cea (un consomé ou algo do estilo). Tamén comentou que o erguerían da padiola e o sentarían. Nen auga, nen cea (nen almorzo), nen cambio de posición", denunciaba através da súa conta de Facebook, que axiña foi partillada por ducias de persoas. 

"O persoal está desquiciado e din que non hai persoal. Dous enfermeiros e dous auxiliares para 40 pacientes", relata. "Hoxe a cirurxá preguntou como lle caera a macela... Desculpa? Que macela? Ninguén lle deu". Finalmente a súa propia filla vai á procura da bebida á cafetería. "Puxemos xa dúas reclamacións". 

Para alén do máis, as listaxes de agarda son tónica xeral. Unha hora e media para pedir cita na consulta e até 7 horas para unha radiografía. 

Comentarios