O persoal de Alcoa mantén o pulso contra o feche da factoría

imaxe
photo_camera Foto: CIG

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa trasladaron as mobilizacións até a Delegación do Goberno na Coruña para exixir do goberno español medidas de urxencia para paralizar o ERE de extinción, garantir a continuidade dos empregos e a actividade produtiva. Un acto no que estiveron arroupados por centos de veciños e veciñas da cidade.

.Esta sexta feira, 30 de novembro, o persoal de Alcoa-A Coruña está convocado a unha xornada de greve de 24 horas. Ese día, segundo as pretensións da multinacional, está previsto que finalice o período de consultas do ERE. A representación da planta galega non recoñece o marco de negociación imposto por Alcoa, porque son dous centros de traballo diferentes e entenden que os expedientes deben ser negociados separadamente por cada un dos comités.

18-11-26_ConcentracionAlcoa_DelegacionGoberno_05

Para dirimir este punto, a representación social propuxo a mediación do AGA e o pasado sábado houbo reunión coa presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais para que iniciara a tramitación do proceso. Porén, Alcoa xa comunicou a súa negativa a aceptar a mediación.

Así as cousas, o comité acordou asistir esta terza feira á mesa convocada en Madrid, onde informará do seu desacordo co marco de negociación e pedirá a retirada do ERE.

Comentarios