O paro rexistrado: 3.603 menos que hai un mes; 18.000 máis que hai un ano

A afiliación media á Seguridade Social caeu en 14.000 afiliacións desde principios de 2020.

Oficina de emprego, paro, traballo. Foto de Arxina
photo_camera Oficina de emprego, paro, traballo. (Foto: Arxina)

O paro rexistrado na Galiza descendeu en 3.603 persoas a respecto do mes anterior (decembro de 2020) mais é agora superior en 18.229 desempregados e desempregadas ao que había hai un ano, en xaneiro de 2020. Hai rexistradas nas oficinas de emprego 185.984 persoas. Serían a terceira cidade da Galiza.

Ademais, xaneiro pechou con 31.308 traballadoras e traballadores protexidos en expedientes de regulación de emprego temporais (ERTE), o que supón un 7,3% menos que ao acabar o ano 2020, cando eran 33.772, segundo os datos que publica o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, esta tampouco deixa boas novas. En xaneiro caeu en case 10.000 afiliados (9.823) e dede xaneiro de 2020 ese descenso foi de 14.168. Galiza volve situarse por baixo do millón de afiliados.

Comentarios