O paro rexistrado descende en xullo en 6.653 persoas en Galiza

camareiro bar hostalaría cervexa restaurante

O paro rexistrado nas oficinas de desemprego descendeu en xullo en Galiza en 6.653 persoas, o que supón 3,91% de baixada, por riba da media española (0,86%). Así, agosto empezou no país con 163.412 persoas rexistradas no desemprego, case 18.500 menos que en xullo do ano anterior.

O descenso no paro é habitual nestes meses de verán polo tirón estacional de turismo e hostalaría, sectores que nos últimos anos foron gañando terreo na economía galega. O sector do turismo xera 110.000 postos de traballo na Galiza, segundo dados do propio Cluster do Turismo. É 12% do emprego que hai no país. Mais os sindicatos denuncian a cara oculta deste sector. Afirman que no ramo hai 50 mil traballadoras e traballadores en condicións precarias: cada vez máis falsos autónomos (co que os empresarios aforran Seguridade Social), contratos en prácticas, externalización e subcontratación en cadeas hoteleiras.

Das 6.653 persoas que en xullo abandonaron o rexistro de desemprego a gran mayoría (4.214) foron no sector servizos.

No que atinxe aos contratos, o pasado mes rexistráronse no noso aís 115.568, sendo 110.516 deles de arácter temporal, máis un exemplo da alta temporalidade da contratación. Lembremos que a taxa de temporalidade laboral en Galiza está ao nível da de Polonia, que é a máis alta de Europa.

A afiliación á Seguridade Social está en 1.021.545 persoas, 15.000 máis que no mes anterior.

Comentarios