O paro rexistrado baixa na Galiza en 1.526 persoas

O descenso interanual é de 7.480 persoas desempregadas menos.

obreiros construcion paro
photo_camera Traballadores da construción, un dos sectores onde descendeu o paro rexistrado na Galiza.

O paro rexistrado baixou na Galiza en febreiro en 1.526 persoas e sitúase en 166.229 desempregadas, segundo os dados que esta terza feira publica o Ministerio de Traballo. É un descenso de 0,91%, mellor que a media española, que é de 0,24%.

No conxunto do Estado tamén descendeu o desemprego rexistrado, en 7.806 persoas.

Na Galiza a baixada notouse en todos os sectores, con especial peso no de servizos (onde descendeu en 1.194 persoas), seguida de construción (- 233) e en Agricultura (-132).

Industria é o sector onde menos se reduciu o paro rexistrado en febreiro: en 66 persoas.

En canto a contratos, asináronse durante o mes pasado 72.932, dos cales case 65.000 eran de carácter temporal.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios