O paro rexistrado baixa en 2.812 persoas

O paro rexistrado baixou en Galiza en 2.812 persoas, undescenso de 1,5%, de novo por baixo da media española, que foi de 2,53%, un punto superior. Na comparativa interanual (abril de 2018 fronte abril 2017), o descenso no desemprego rexistrado baixou en 22.338 persoas. Isto é, de 10,9%. A media no Estado foi de 6,6%.

O sector servizos continúa a ser quen rexistra a maior bolsa de descedodo paro. Das 2.812 persoas que saíron das listas en abril pasado, case 1.500 foron de servizos. En construción o descenso foi de 808 persoas e en Industria de 56.

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, esta aumentou nese mes en 4.532 persoas, o que é 0,46%; por baixo da media estatal: 0,95% de incremento. Na interanual, a afiliación aumentou 2,59% mentres que no Estado foi de 3,09%.

Comentarios