xoves 02.07.2020

O paro rexistrado aumentou na Galiza en 9,8%, dous puntos máis que a media no Estado

Son 17.148 persoas máis rexistradas no desemprego. Os traballadores e traballadoras afectados por ERTEs (165.000 a 30 de abril) non se contabilizan ao considerarse a súa situación de suspensión, non despedimento.

Imaxe de arquivo dunha oficina de emprego (Nós Diario)
Imaxe de arquivo dunha oficina de emprego (Nós Diario)

O paro rexistrado aumentou na Galiza durante o mes de abril en 17.148 persoas, o que supón un incremento de 9,8%, dous puntos por riba da media do Estado, que se situou en 7,9%.

A cifra total, pois, de persoas rexistradas no desemprego no noso país é de 191.629, o que supón 25.400 persoas máis das que estaban nesa situación a estas mesmas alturas do ano pasado.

En abril destruíronse 27.800 empregos en abril e baixa do millón de cotizantes

O aumento do paro afectou na Galiza a todos os sectores mais o principal prexudicado foi o de servizos, com 12.425 novas desempregadas, o que representa 70% do total: 7 de cada 10 persoas que se rexistraron no dedsemprego o mes pasado procedían do sector servizos.

Na construción o paro aumentou en 1.915 persoas, en Industria en case 2.200 e no sector primario en 435.

En abril asináronse na Galiza 23.874 contratos laborais, unha cifra moi inferior á habitual. O que continúa a ser habitual, independentemente do número de contratos que se firmen, é que a gran maioría (21.285 neste caso) son temporais.

En abril destruíronse 27.800 empregos en abril e baixa do millón de cotizantes. 

"Unha de cada tres persoas en idade de traballar está no paro ou atópase afectada por un ERTE en Galiza", denuncia a CIG. 

comentarios