luns 06/12/21

O paro rexistado desce na Galiza en 746 persoas

A respeito do Estado español, os indicadores galegos son positivos, quer en número de persoas rexistadas nos servizos públicos de emprego quer en afiliacións á Seguranza Social. 

Oficina de emprego
Oficina de emprego

O mes de agosto viu decrecer o número de persoas rexistadas no antigo INEM na Galiza, nun total de 746, en tanto que no Estado español o paro aumentou en 46.400, dado que pon fin a seis meses de resultados positivos.

Galiza está entre as tres comunidades autónomas con mellores dados este agosto, só superada por Canarias (850 paradas menos) e Cantabri (831).

No que ten a ver coa Seguranza Social, o comportamento galego tamén é mellor do que o español. Na Galiza o número de afiliacións aumenta en 0,23 por cento, 2.293 persoas máis a cotizaren, en tanto que no Estado se produce un descenso de 0,97 por cento, 179.485 cotizantes.

Os maiores incrementos no número de afiliacións rexístanse en Cantabria (0,93 por cento), Asturias e Galiza (0,23), mentres que os descensos máis acusados teñen lugar en Madrid (1,17 por cento) e Catalunya (1,77).

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O paro rexistado desce na Galiza en 746 persoas
comentarios