O paro medra na Galiza en 4 mil persoas mentres descende no Estado en 14 mil

No mes de novembro o número de persoas desempregadas ascende a 248.632, o 1,88% máis que no mes anterior.

O paro rexistrado en novembro remata coa tendenza positiva dos últimos meses e increméntase en 4.588 persoas no noso país. Isto sitúa a Galiza como o segundo territorio cun maior incremento en termos absolutos, só por detrás das Illes Balears. 

Así, o pasado mes rematou con 248.632 persoas dadas de alta no Servizo galego de emprego. Por provincias, Pontevedra lidera o paro rexistrado con 99.181, seguida de A Coruña con 97.518 persoas. Ourense e Lugo rexistran respectivamente 27.251 e 24.682 desempregad@s. 

Por sexos, as mulleres continúan encabezando o índice con 131.336 persoas, mentres entre os homes o paro atinxe a 117.296. 

A respeito das contratacións, no mes de novembro en Galiza producíronse 57.331 contratos entre os que continúa a evidenciarse a precarización laboral. Neste senso, 52.406 son temporais fronte á 4.925 indefinidos. 

No Estado español o desemprego reduciuse en 14.688 persoas situándose en 4.512.116 parad@s.

Comentarios