luns 06/12/21

O paro descende na Galiza en 6.400 persoas mais é 18% máis que hai un ano

As persoas rexistradas no desemprego son  184.654.

obreiros construcion paro
Obreiros da construción, sector no que o paro descendeu en máis de 900 persoas (Foto: Nós Diario)

O paro rexistrado na Galiza ao concluír xuño é  de 184.654 persoas no desemprego. Supón un descenso de 6.428 desempregados e desempregadas a respecto de maio, sinal da progresiva reactivación económica da man do proceso de desconfinamento.

Mais son 29.405 persoas máis no paro das que había en xuño de 2019. Ou sexa, o desemprego rexistrado interanual aumentou en case 19%, porcentaxe preocupante.

En canto á cifra de contratos asinados en xuño, máis de 54.000, a inmensa mayoría (case 50.000) son temporais, una constante da economía galega, que rexistra una taxa de temporalidade laboral a nivel das máis altas de Europa.

Desde a CIG indican que as persoas inscritas como desempregadas nas oficinas do SEPE na Galiza no último mes alcanzan as 184.654, "que se as sumamos ás 214.494 persoas que se atopan en ERTE atopámonos con que un terzo da poboación activa galega non está a traballar"

Para a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, cómpren políticas que permitan reverter o "dramático balance dos once anos de Goberno de Feijxoo", que deixan unha Galiza con 47 000 empregos menos nunha década e unha perda de peso de case medio punto no emprego estatal.

No Estado, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 5.107 desempregados en xuño (+0,1%), o seu maior repunte nun mes de xuño desde 2008, segundo o Ministerio de Traballo e Economía Social, que destacou que estas cifras "profundan na tendencia de retardación" do ritmo de crecemento do desemprego que se iniciou en maio.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O paro descende na Galiza en 6.400 persoas mais é 18% máis que hai un ano
comentarios