Esta terza feira (29 de abril) fixéronse públicos os dados de desemprego correspondentes ao primeiro trimestre de 2014. No noso país, a taxa de paro sitúase no seu máximo histórico con 296.900 persoas sen traballo (o 23,20%).
Esta cifra reflicte un incremento de 16.100 persoas en relación cos dados do último trimestre de 2013, unha diferenza do 3.14%. A maior variación á alza do conxunto do Estado, xunto coas Illes Balears. Na comparativa interanual tamén se produciu un aumento de 9.100 persoas no número de [email protected]
Menos dun millón de persoas ocupadas
Así mesmo a taxa de ocupación en Galiza sitúase por vez primeira por baixo do millón de persoas (982.800) un 2% menos que no trimestre anterior, é dicir, 19.800 persoas menos que a finais de 2013. Aliás, os sectores onde a diminución da ocupación foi maior foron a construción, a agricultura e a pesca. Nestes dous últimos perdéronse 5.700 empregos.
Continúa a aumentar o desemprego xuvenil
En relación á taxa de paro por faixas de idade o número de [email protected] menores de 30 anos continúa en aumento e sitúase xa no 40,2%, dous puntos máis que no trimestre anterior. No noso país das 351.800 persoas entre 16 e 29 anos o 33,3% (117.000) están ocupadas, 78.800 no desemprego e as 156.000 restantes son inactivas.
O desemprego xuvenil sitúase no 40,2% en Galiza e no 55,5% no conxunto do Estado español
Cumpre salientar que segundo o INE o número de emigrantes entre 14 e 34 anos situouse desde 2008 en máis de 118.000 [email protected], a maior parte nos últimos 5 anos o que incide de maneira significativa a taxa de desemprego. Desde as centrais sindicais aseguran que de contabilizárense as persoas emigradas e aquelas que desisten de se inscribir nas listas do paro a taxa real de desempregadas superaría o 30%.
Máis de 100.000 fogares con todos os membros no paro
No primeiro trimestre de 2014 5.600 novos fogares sumáronse á listaxe de moradas en que todos os seus membros están no paro. Segundo a EPA un 6% máis en relación ao último período de 2013.
En total a Enquisa de Poboación Activa rexistra 1.075.500 fogares en Galiza dos cales 751.000 teñen cando menos unha persoa ocupada e 501.000 nos que todas as persoas activas están ocupadas. Entrementres 101.500 vivendas no noso país teñen todos os seus integrantes no desemprego e 341.000 non posúen, nen sequera, ningún activo.
O número de fogares con todos os seus membros no desemprego ascendeu nun 6% a respeito do último trimestre de 2013
Destes dados, só se reduciu o número de moradas en que existen persoas ocupadas (-2,1%) e aquelas en que polo menos contan cunha persoa activa. En troca, o número de fogares en que todos os seus membros están [email protected] aumentou nun 6% en relación co último trimestre de 2013.
O Estado español reduce o número de [email protected] máis continúa a destruír emprego
Segundo a EPA no Estado español o número de persoas desempregadas reduciuse en 2.300 deixando unha taxa de paro do 25,93%, isto é, 5,933.300 persoas sen traballo. En relación á taxa de desemprego xuvenil o 55,5% [email protected] [email protected] do estado non teñen emprego.
Así as cousas, a economía española non deixou de destruír emprego nos últimos meses o que reflicte un aumento da emigración e/ou da inactividade entre a clase traballadora. A ocupación reduciuse en 184.600 persoas.