Orozco paraliza temporalmente a intervención da concesión a Urbaser

O alcalde de Lugo non suspenderá o contrato após recoller a empresa perto do cento por cento do lixo exixido polo concello.

Raquel
photo_camera [Imaxe de arquivo]

Polo de agora Urbaser manterá a concesión da recollida do lixo na cidade amurallada, máis de 200 kg. Así o indicou o alcalde de Lugo, José López Orozco, esta segunda feira após cumprírense as 48 horas legalmente estabelecidas. O rexedor amosouse satisfeito de que a cidade estea "en mellores condicións". 

Así mesmo, anunciou que o goberno local conta cun plan para pór Lugo nas condicións de salubridade exixidas polas autoridades e pola veciñanza, dixo Orozco en comparecencia de imprensa.  

Durante a fin de semana a concesionaria procedeu á retirada dos residuos acumulados na cidade con operari@s procedentes doutras localidades. Así o denunciaron desde o comité que máis unha vez criticaron a vulneración do dereito a folga. Un feito polo que Inspección de Traballo elevou xa unha acta de infracción. 

"Hai unha incongruencia nos feitos, anúnciase unha intervención, dáse un prazo de 48 horas á empresa para subsanar este conflito, no sentido de emerxencia sanitaria e por outra banda refórzase a policía local para escoltar ese persoal que vén vulnerar o dereito a folga", denunciou Julio Pacios, secretario do comité de folga.

Presenza de furafolgas

Pacios xa advertiu durante a fin de semana que o anuncio da intervención era unha "bufarada de ar fresco para a empresa" pois o concello puxo "todos os medios para que os camións" estivesen protexidos durante a recollida do lixo acumulado en 35 días de paro. 

A presenza de furafolgas --que se mantén desde a metade da greve-- está a anoxar máis o cadro de persoal que están "máis cabreados", sinalou o secretario do comité. 

Asemade, desde as centrais sindicais con representación no conflito (CIG, UGT e USO) critican con dureza que Urbaser non permitise a saída d@s operari@s en folga para proceder á limpeza dos puntos considerados de risco sanitario. "Non deixaron sacar o operativo de tarde, así o constatou un inspector da Policía que estaba alí e pola noite si que deixaron saír a quenda", sinalou Pacios. "Non entendemos que se traian traballadores de fóra cando nós recollemos nestes putos de alerta sanitaria". 

Comentarios