Seis traballadores foron evacuados a un complexo hospitalario após resultar feridos esta terza feira após un incendio dun xerador no interior do túnel do AVE en Laza. Segundo informou o 112, perto das seis da mañá persoal que traballaba nesa obra alertou o servizo de emerxencias dun incendio no túnel, en concreto no punto de SOS 333.
Activouse entón un dispositivo no que tomaron parte Bombeiros de Verín e Xinzo, forzas de seguridade, GES de Laza e cinco ambulancias do 061. Todos os traballadores estaban evacuados e seis deles foron levados a un centro hospitalario.