Operarios de Ferrol rexeitan a proposta de Navantia de ir traballar a Cádiz no marco da folga do metal

CXT afirma que a dirección da empresa naval pública "ofreceu a compañeiros dun gremio de Ferrol" desprazarse ao estaleiro de San Fernando (Cádiz) e critica o que cualifica como "intento de convertirnos en esquirois".
Concentración ás portas de Navantia para reclamar máis carga de traballo no mes de febreiro (Europa Press).
photo_camera Imaxe de arquivo dunha concentración ás portas de Navantia para reclamar máis carga de traballo (Foto: Europa Press).

A sección sindical da CXT en Navantia Ferrol denunciou, a través dun comunicado, que a dirección da empresa naval pública "ofreceu a compañeiros dun gremio de Ferrol" desprazarse ao estaleiro de San Fernando (Cádiz) "para traballar nos preparativos da  botadura prevista naquela factoría para principios de decembro", e cuxos traballos se están a ver afectados pola folga do metal, unha posibilidade que "todos eles rexeitaron".

Ante este escenario a CXT considera "unha vergoña que a dirección de Navantia tente que traballadores da nosa factoría contribúan a  boicotear a folga dos compañeiros do metal de Cádiz".

CXT considera "unha vergoña que a dirección de Navantia tente que traballadores da nosa factoría contribúan a  boicotear a folga dos compañeiros do metal de Cádiz".

Neste sentido, esta organización sindical xa expuxo no seo da  permanente do comité de empresa "a necesidade dunha acción de repudio de todo o persoal contra este intento de converternos en  esquirois".

Ademais, tamén reclama "a dimisión do directivo de Navantia  responsábel desta manobra impresentáble".

Motivos

Os traballadores do metal de Cádiz levan máis dunha semana en folga. Unha das principais reivindicacións é a actualización do solario, sobre todo agora que o IPC está no seu pico máis alto dos últimos 29 anos. "O que pedimos é non perder poder adquisitivo nin agora nin nos próximos anos, polo que a subida salarial debe estar vinculada ao IPC", expuxo a semana pasada o secretario xeral de UXT  FICA Cádiz, Antonio Montoro. 

Os sindicatos piden unha subida dun 2% este ano, medio punto máis para o 2022 e un incremento final ata o 3% en 2023. A situación do sector nese territorio andaluz non se pode entender sen lembrar que Cádiz é a segunda provincia con máis paro do Estado, 23,16%.

Comentarios