Operari@s en defensa dos seus dereitos

Os conflitos abertos en Citroën (Vigo), Urbaser (Lugo) e Atento (A Coruña) ilustran a loita das traballadoras e traballadores en Galiza contra o continuado retallamento de dereitos e salarios.

Citroën
photo_camera [Imaxe CIG]

Múltiples son os conflitos laborais que atinxen o noso país. Algúns deles, mesmo se prolongan no tempo desde hai perto de dous meses, como acontece no caso da folga do lixo en Lugo. Segundo as estatísticas en Galiza, desenvólvese unha folga cada 5 días, un dado que reflicte a combatividade obreira que atopamos nos centros de traballo do país. 

Distintos lugares, diferentes sectores e, polo tanto, distintos métodos de loita. Porén, todas estas accións teñen por obxecto defender os dereitos das traballadoras e traballadores fronte á perda de dereitos e salarios.

Segundo as últimas estatísticas disponíbeis, na Galiza rexístase unha folga cada 5 días 

Tomando como exemplo tres conflitos que se manteñen na actualidade, Urbaser (Lugo), Citroën (Vigo) e Atento (A Coruña), revisamos no Tema da Semana deste número 107 do semanario Sermos Galiza a viveza da loita obreira en Galiza. Unha reportaxe asinada por Xabier P. Igrexas. 

A íntegra desta historia no Sermos Galiza desta semana, nos quiosques e librarías do país ou na nosa loxa

Comentarios