Ocupan o local insignia de Zara na Coruña para denunciar a precariedade na construcción das tendas

Xornadas de 12 a 16 horas diarias, encadéanse viaxes ao estranxeiro para erguer locais de meses, hai unha fraude millonaria nas horas extraordinarias, e non se realizan os descansos adecuados, denuncian desde a CIG.

ocupacion zara a coruña

A Federación de Construción e Madeira da CIG ocupou esta cuarta feira  as obras da “tenda insignia” de Zara na Coruña, una acción enmarcada na campaña contra a explotación laboral no sector 'contract' (construción e reforma de locais comerciais). Durante a ocupación, informa o sindicato nacionalista, realizouse unha asemblea cos traballadores para explicarlles as motivacións desta iniciativa. Ao tempo, un grupo de delegados facía unha concentración diante da tenda en obras.

A campaña quer denunciar a situación laboral que padece o persoal deste sector, “no que se están a realizar xornadas de 12 a 16 horas diarias, encadéanse viaxes ao estranxeiro de meses, dáse unha fraude millonaria nas horas extraordinarias, non se realizan os descansos adecuados, etc..”

En agosto a central entregou a José Manuel Queijero (responsábel de GOA Invest, SL, a construtora e promotora de Inditex) unha plataforma reivindicativa, "que non foi contestada, así como tampouco responderon a todas as novas solicitudes de reunión que lle trasladamos"

Mario Maceiras, secretario comarcal da FCM-CIG da Coruña, lembra que o pasado mes de agosto a central entregou a José Manuel Queijero (responsábel de GOA Invest, SL, a construtora e promotora de Inditex) unha plataforma reivindicativa, "que non foi contestada, así como tampouco responderon a todas as novas solicitudes de reunión que lle trasladamos".

A CIG-Construción prevé desenvolver nos seguintes meses unha rolda de contactos coas empresas do sector e con outras entidades relacionadas co mundo do traballo para a articulación e regulación das condicións laborais "do nacente e puxante sector Contract galego”.

Comentarios