Novo sinistro laboral nas obras do AVE en San Cibrao

Un operario ferido e tivo que ser evacuado en helicóptero após ser golpeado por unha máquina

vilavella
photo_camera Imaxe de arquivo dunhas obras do AVE na Galiza

Un operario resultou ferido na madrugada desta cuarta feira e foi asistido polos servizos sanitarios de urxencia após recibir un golpe cunha máquina cando traballaba nas obras do AVE no municipio de San Cibrao das Viñas. Segundo informou o 112 Galiza, este accidente tivo lugar sobre as 1,30 horas desta cuarta feira no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde se realizan traballos para a liña ferroviaria.

As mesmas fontes indicaron que foi un compañeiro do traballador ferido quen contactou co 112 para pedir asistencia médica urxente debido ao golpe que recibiu no peito cunha máquina.

Após iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galiza avisou Urxencias Sanitarias-061 e á Garda Civil co fin de coñecer os detalles deste accidente.

Finalmente, o operario, T.M.S.C, de 40 anos de idade,  foi evacuado a un centro hospitalario en estado consciente, mais con "forte dor no peito", indicaron as mesmas fontes.

Comentarios