Novas mobilizacións do persoal de ambulancias por un convenio digno

ambulancias greve cig

A CIG desenvolveu unha concentración diante do Hospital da Coruña para esixir avances na negociación do convenio colectivo de ambulancias, iniciada hai case tres anos pero que permanece bloqueada polo que este sindicato cualifica como actitude inmobilista da patronal.

O responsábel de Transportes da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza, explicou que nestas semanas a central sindical ten convocadas asembleas de traballadores e traballadoras en todas as comarcas para explicar a situación do conflito e acordar novas accións para dar un impulso á negociación colectiva.

Comentarios