Unha nova traxedia golpea o labor dos mariñeiros galegos

O arrastreiro 'Mar Nosso' sufriu un accidente en augas asturianas. Os cinco galegos da tripulación foron rescatados pero entre o resto, de nacionalidade portuguesa, hai tres mortes e tres desaparecidos.

O 'Mar Nosso', un arrastreiro de bandeira portuguesa e con base en Marín, de 40 anos, con 32 metros de eslora e 138 toneladas de peso envorcou esta quinta-feira pola mañá en augas asturianas, nas que faenaba logo de partir de Avilés. Sete dos tripulantes foron rescatados -malia que catro deles foron hospitalizados- e dous resultaron mortos, namentres outros tres están desaparecidos.

A tripulación está dividida entre galegos -que son cinco e todos salvaron a vida- e portugueses. Precisamente, outro barco galego -chamado 'Mar da Galega'- foi quen enviou o aviso e rescatou aos sete mariñeiros. Outro buque recolleu aos dous cadáveres. Están en marcha os labores de búsqueda dos desaparecidos.

Non se coñecen aínda as causas do naufraxio, que de forma dramática vén a sumarse ás recentes traxedias para as xentes do mar de Galiza que foron o 'Santa Ana' tamén en Asturias e o 'Mar de Marín' na Ría de Vigo.