NGB manterá o ERE e atribúe a decisión á UE

O presidente de Banesco, propietario da entidade financeira, asegurou que a Comisión europea impide modificar os despidos acordados inicialmente e que suporán a redución do plantel en 1.000 postos de traballo. 

Esta sexta feira, Juan Carlos Escolet, presidente de Banesco e o director xeral corporativo de Novagalicia Banco, Francisco Botas, anunciaron que a entidade financeira galega manterá o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) previsto. 

A Comisión europea di que non se poden introducir mudanzas no acordo asinado inicialmente e que prevé o despedimento de 1.000 traballador@s

A decisión, din, parte directamente de Bruxelas após negarse a Comisión europea a introducir mudanzas no acordo inicial que prevé o despedimento de 1.000 traballador@s a tempo completo para 2016, ano no que deberá ter reducido o número de empregad@s de 4.300 a 3.300.

No entanto, acrecentaron os dous directivos, a entidade procurará "minimizar o impacto" no plantel. Neste senso, Escolet e Botas indicaron que procurarán outras vías en aras, din, de non aplicar todos os despedimentos para o que poderían acollerse a reducións de xornada.  

O banco, continúa aínda pendente de que Bruxelas aprobe a súa venda á entidade financeira venezolana que a adquiriu por un valor de 1.000 millóns de euros.

Comentarios