Traballo

As mutuas de saúde, entre a indefensión do persoal laboral e o negocio

O coidado da saúde de traballadoras e traballadores en moitas empresas depende doutra empresa: a mutua. Nos últimos anos aumentaron as denuncias por non atender casos de indefensión e os sindicatos falan de falta de información e exixen trocar de modelo.

Sede dunha mutua en Compostela (Riobó Prada)
photo_camera Sede dunha mutua en Compostela (Riobó Prada)

O sistema de xestión das Incapacidades Temporais a través das Mutuas Patronais de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais crea indefensión nas traballadoras e traballadores. Os sindicatos aseguran que nos últimos anos multiplicáronse os casos e as denuncias.

Os sectores máis afectados son aqueles cunha grande precariedade e a muller é a máis prexudicada. Desde CCOO denuncian casos que afectan á maternidade con mutuas que non conceden a baixa seguindo criterios diferentes que os que emprega o Instituto da Seguridade Social.

Desde a CIG apuntan que a falta de información é un dos problemas que teñen as traballadoras e traballadores para defender os seus dereitos.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios