Morre un traballador en Xove polo impacto dun ferro nun ollo

Tiña 45 anos. 
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ambulancia do 061 (Nós Diario)

Un traballador duns 45 anos de idade, M.D.V, veciño de Viveiro, faleceu no concello de Xove, na comarca da Mariña, despois de recibir un golpe nun ollo cun ferro nunha nave industrial.

Segundo informou o 112 Galiza, este accidente sucedeu pasadas as 20,00 horas da terza feira nunha nave industrial situada no Polígono de Camba, tal e como indicaron os compañeiros do falecido a través da súa chamada ao servizo de emerxencias.

Respecto diso explicaron que a vítima recibiu o impacto dun ferro á altura do ollo e nada puideron facer por salvarlle a vida, sinalaron as mesmas fontes.

En concreto, confirmaron a Europa  Press fontes sanitarias, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado para atender ao traballador, cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento.

Aumento da sinistraldiade

No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6,05. Galiza está á cabeza  en índice de incidencia en sinistros laborais mortais. Unha situación que os sindicatos afirman que vén de lonxe polo que piden unha convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo materia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde (ISSGA), Inspección de Traballo, Xunta da Galiza e axentes sociais.

Comentarios