Morre un operario despois de quedar atrapado nunha máquina industrial en Santiago

Na Papeleira de Brandía. C.B.R tiña de 45 anos de idade.
Ambulancia
photo_camera Ambulancia

Un traballador faleceu na madrugada desta cuarta feira en Compostela nun accidente laboral que tivo lugar na Papeleira de Brandia ao ficar atrapado nunha máquina industrial. Segundo informou o 112 Galiza, o operario falecido quedou atrapado nunha máquina industrial uns minutos antes das 5:00 horas desa cuarta.

Os servizos sanitarios de urxencia alertaron o 112 do ocorrido, após o que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Santiago e da Policía Nacional e Local. Ademais, pasouse o aviso á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago desbotaron empregar o material de excarceración para liberar o home, ao atoparse accesíbel.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación cardiopulmonar a C.B.R., de 45 anos, que faleceu no punto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Un total de 27.941 accidentes laborais con baixa en xornada laboral na Galiza durante 2018. Tres sinistros cada hora. O ano pasado morreron en accidentes de traballo 50 persoas no noso país, o que supón 16% máis que en 2017. Naquel ano perderon a vida en accidente laboral 43 persoas. Son dados do avanzo publicado polo Issga, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, organismo autónomo mais adscrito organicamente á Consellaría de Traballo.

Comentarios