Morre un operario cando reparaba o tellado dunha panadería en Campo Lameiro

Samuel R. B, de 21 anos de idade

Ambulancia
photo_camera Ambulancia

Un mozo operario de 21 anos de idade, Samuel R.B, faleceu esta cuarta feira e o seu pai de 49 anos resultou ferido grave nun accidente laboral rexistrado ao precipitarse do tellado no que traballaban en Campo Lameiro.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que indicaron que o mozo falecido e o seu pai traballaban no tellado dun inmoble cando se produciron os feitos.

Segundo informou o 112 Galiza, este accidente laboral ocorreu sobre as 11,00 horas deste mércores no lugar de Liñariños. Persoal sanitario comunicou ao servizo de emerxencias a mobilización do helicóptero medicalizado para a atención de dous traballadores feridos despois de caer dun tellado.

En concreto, indicaron fontes sanitarias, o 061 enviou unha ambulancia e un helicóptero medicalizado para atender a dous homes, un dos cales faleceu no lugar, mentres que o outro traballador, C.R.S., de 49 anos, foi evacuado na aeronave ao Hospital Montecelo.

Comentarios