Morre un operario ao inhalar un produto para anestesiar animais cando amañaba un ascensor en Lalín

No Polígono de Botos.
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ambulancia do 061 (Nós Diario)

Un operario duns 30 anos de idade faleceu na tarde desta cuarta feira cando arranxaba un ascensor nunha nave dunha empresa frigorífica situada no polígono de  Botos, en Lalín.

Segundo informaron fontes do operativo de emerxencias a Europa  Press, o home, traballador dunha empresa externa, faleceu asfixiado ao abrir un  compartimiento no que se almacenaba esta substancia mentres facía os labores de reparación do ascensor.

O suceso tivo lugar ás 17,45 horas desta cuarta feira e ao momento desprazouse o helicóptero medicalizado aínda que non puido facer nada por salvar a vida do rapaz.

Ademais, tamén acudiron ao momento os efectivos do GES de Lalín, os axentes da Policía Local, así como da Garda Civil.

Galiza lidera a mortalidade por sinistralidade laboral no Estado. Duplica a media estatal no índice de incidencia dos accidentes mortais: é de 6,05 por 3,24 de media no Estado.

Comentarios