Mobilizacións unitarias para exixir medidas efectivas para as electrointensivas galegas

O sector representa na Galiza por riba de 5.000 empregos directos.

Roda prnesa electrointensivas

Os secretarios das Federacións de Industria de CIG, UGT e CCOO compareceron esta sexta feira en rolda de prensa para trasladar a preocupación polo que consideran “falta de avances” nas medidas para a posta en marcha dunha tarifa industrial “que reverta a grave crise que atravesan as industrias electrointensivas e as ameazas continuadas aos empregos e á actividade produtiva”.

As centrais sindicais anunciaron tamén a concentración conxunta que teñen convocada na Coruña para a vindeira cuarta feira, 11 de marzo, ás 11 horas, diante da Delegación do Goberno, como inicio dun calendario de mobilizacións que terá continuidade nas próximas semanas "con novas e máis  contundentes accións".

Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario nacional da CIG-Industria, denunciou a "secretismo total" do Goberno español co proxecto de estatuto electrointensivo, “pois rematado o período de alegacións descoñécese se o  Ministerio vai incorporar ou non propostas, cales das ducias de alegacións se van ter conta ou os criterios polos que non se admitirán”.

Criticou tamén a actitude da Xunta, á que acusa de aproveitarse da crise nas electrointensivas para finxir que está do lado dos traballadores e das traballadoras "pero sen propor ningunha medida real para solucionar esta problemática, cando este é un sector estratéxico para Galiza que xa está perdendo emprego e corre serio risco de desaparecer".

Comentarios