Mobilizacións en oito cidades galegas na defensa “das persoas e os seus dereitos”

Convocadas por CCOO e UXT, demandaron acabar coa liña de “austeridade e recortes” e a recuperación dos dereitos perdidos ao longo da crise.

Manifestación Vigo UXT CCOO Foto de UXT
photo_camera Manifestación de Vigo. Imaxe: UXT

Miles de persoas saíron esta quinta feira ás rúas de oito codades galegas, convocadas por UXT e CCOO, para demandar que xa é tempo “de reverter as cousas” e comezar a adoptar políticas que teñan como centro “as persoas e os seus dereitos”. As manifestacións decorreron en Vigo, Vilagarcía, Pontevedra, Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Viveiro. “Xa non se pode agardar máis. É hora derecuperar dereitos e resgatar aspersoas. É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar paraesixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles”. Así o manifestaron os secretarios xerais d CCOO de Galiza e de UGT Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, na manifestación de Vigo.

A denuncia da pobreza laboral , que “xa se instaurou neste país”, foi outra das cuestións que se evidenciaron nas mobilizacións. Dende CCOO e UGT insístese en que hai que restituír os dereitos perdidos por mor dos recortes impostos, sobre todo, os que se derivan dunha “reforma laboral inxusta, inútil e estéril que só serviu para destruír emprego, e o pouco que se creou, de baixa calidade”.

Comentarios