A mobilización do persoal logra que Extel volva validar os partes médicos

Así o sinala a CIG, que anuncia un acordo coa empresa e desconvoca a folga que convocou para 4 de marzo.

extel a coruña

“Logrouse un acordo polo que a empresa se compromete a reinstaurar o uso das horas médicas, os xustificantes e os partes de repouso, tal e como se viña facendo antes do cambio de criterio aplicado de maneira unilateral en novembro” e que derivou no despedimento de traballadores e traballadoras de Extel na Coruña.

Así o manifesta a CIG a través dun comunicado no que anunciaun acordo con Extel, que asume esas demandas, o que para o sindicato é froito do”intenso calendario de mobilizacións realizado nos últimos meses”.

Con este acordo na man, afirma o sindicato, e ante o anuncio da inminente derrogación do artigo 52d do Estatuto dos Traballadores e Traballadoras que facilita os despedimentos por baixas de curta duración, desconvoca a xornada de folga de 24 horas prevista para o mércores 4 de marzo.

"Unha vez máis, é a través  da mobilización e a loita constante como as traballadoras e traballadores de Extel conseguimos que se respecten os dereitos que tanto nos custou conquistar nestas dúas últimas décadas e que a empresa nos pretendía arrebatar de golpe", afirman as delegadas e delegados da CIG.

Comentarios