venres 03/12/21

O comité di que hai ofertas "de catro empresas solventes" pola planta de Alcoa en San Cibrao

Marcha nocturna e apagada en Xove esta fin de semana na defensa dunha solución para Alcoa
Traballador de Alcoa en San Cibrao (Cervo) nunha protesta.(Carlos castro/ Europa Press).
Traballador de Alcoa en San Cibrao (Cervo) nunha protesta.(Foto: Carlos Castro/ Europa Press).

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo, José Antonio Zan, anuncioua convocatoria dunha marcha nocturna o vindeiro sábado na poboación de Xove, na Mariña.

Tras o "éxito" da caravana de coches en Viveiro a pasada fin de semana, os traballadores de Alcoa seguen con mobilizacións e desta volta farano en Xove, nunha "marcha nocturna" á que convidan "a todo o que queira sumarse, desde o campo de fútbol até o Concello".

"Nesta marcha pedímoslle aos veciños de Xove que apaguen as luces, e os da rúa principal e a rúa que dá ao Concello que prendan cirios ou candeas nas xanelas para que se visualice que está todo ás escuras e véxanse as luces dos traballadores cando cheguen", concretou, á vez que anunciou que "creo que vai ser unha protesta moi vistosa", explicou.

Despois de que o Tribunal Supremo tombase o ERE que impulsaba a multinacional, Zan volveuse a se queixar de "non" ter noticias do Goberno, de "non dar signos de vida e levan así máis dun mes".

Zan comentou que hai ofertas "de catro empresas solventes, e que queren facer esa operación"

"Pola nosa banda estamos cansados de moi boas palabras e ningún bo feito. Non temos un papel escrito por parte do Ministerio (de Industria) neste nove meses, nin nada asinado por parte deles (do Goberno)", afeou.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Ademais, o presidente do comité de empresa advertiu de que "hai ofertas" para facerse coa planta de San Cibrao, e insistiu unha vez máis en que o "problema" radica na SEPI. "Vese que o Ministerio de Industria non ve ben ter industria neste país e a SEPI non fai a operación porque non quere facer ese traballo", censurou.

Zan comentou que hai ofertas "de catro empresas solventes, e que queren facer esa operación". "Son empresas que estarían encantadas si o Goberno participase cun tanto por cento do accionariado, empresas que tamén queren que se lles garanta un marco enerxético e unha continuidade de futuro", sentenciou.

O comité di que hai ofertas "de catro empresas solventes" pola planta de Alcoa en San...
comentarios