A Marcha do comité de crise das Pontes protesta na Coruña ante Italia

Catro días de marcha do comité de crise das Pontes remataron esta terza feira na Coruña cunha simbólica protesta diante da representación diplomática italiana por ser a empresa Enel a propietaria de Endesa. O comité de crise exixe solucións e o persoal transportista anuncia posíbeis demandas.

Entrada na Coruña da Marcha por unha transición enerxética xusta (Concello das Pontes)
photo_camera Entrada na Coruña da Marcha por unha transición enerxética xusta (Concello das Pontes)

A Marcha "por unha transición enerxética xusta", organizada polo comité de crise das Pontes, rematou esta terza feira na Coruña logo de realizar catro etapas e unha suspensión por uns días polas condicións meteorolóxicas. Transportistas, representantes de varios concellos, sindicatos, portavoces da industria auxiliar e veciñanza participaron no tramo final que visitou tamén, nesta ocasión, o viceconsulado de Italia. “Desta vez tamén protestamos aquí por ser o grupo Enel dese país”, explica a Sermos Galiza José Castro, presidente de Empresarias e Empresarios Seara das Pontes.A Marcha diante do viceconsulado de Italia na Coruña (Concello das Pontes)

O vicecónsul italiano, que non estaba esta terza feira na cidade, trasladoulle ao alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, que se desprazará a vindeira semana a ese municipio para reunirse con representantes desta mobilización.

Endesa, o centro de atención

 

O centro de atención estes días está en Endesa como explica González Formoso. “Sabemos que están agora mesmo en marcha procesos de avaliación da continuidade da central dentro dun proceso de reconversión no ámbito das renovábeis a través dos biocombustíbeis”, explica, “mais depende moito da vontade da empresa”. A actitude de Endesa non é do agrado do alcalde que afirma que “está a poñer todo tipo de impedimentos”.

José Castro cre que o problema veu logo da venda de Endesa ao grupo italiano. “Fixeron unha espoliación a e agora vemos aquí os resultados”, asegura a Sermos, “queremos A Marcha na praza de María Pita (Concello das Pontes)deixar claro con esta protesta as desfeitas que fixeron, nada menos que afundir un territorio”.

Polo de agora todo xira ao redor de Endesa. “Estamos a ver o compromiso do Ministerio de Transición e da Xunta mais queremos ver o compromiso de Endesa cara esas probas”, explica o alcalde das Pontes, “que digan canto antes cal vai ser o futuro do complexo”, engade González Formoso.

Posíbel demanda

 

O presidente da Asociación de Transportistas de Carbón das Pontes, Manuel Bouza, adiantou que este colectivo reunirase  os vindeiros días para analizar a posibilidade de acudir aos xulgados. "Temos dereito a reclamar, levamos meses parados e temos un contrato de traballo, non imos rendirnos", explicou.

Polo seu lado o presidente do comité de empresa de Endesa-As Pontes, Luis Valera, instou ás administracións a que "forcen á empresa" para concretar unha saída.

Comentarios