Maniféstanse en defensa do 065 e os postos de traballo

Unha xornada de folga e unha manifestación en Compostela mostran o rexeitamento de persoal e usuari@s ao desmantelamento do 065. O PP anunciou o despedimento do conxunto do persoal e que deixaría fóra do servizo a boa parte das persoas usuarias. 

.
photo_camera .

Folga e manifestación en Compostela foron as mobilizacións que esta sexta feira mostraron a oposición do persoal do 065 e tamén de moitos usuari@s ao desmantelamento do servizo de transporte de persoas con discapacidades . 

As mobilizacións quixeron denunciar tanto o desmantelamento como o despedimento de persoal con contrato indefinido, experiencia e contratos por convenio para os mjdar por persoal en precario. 

A manifestación de Compostela rematou cunha concentración diante da Consellaría de Traballo na que se reclamou a suspensión do novo concurso e que o servizo continuase nas condicións que o viña a facer ate agorao tempo necesario para que se acade o máximo consenso entre as partes afectadas. 

O responsábel do sector Transportes da  FGAMT-CIG, Xesús M. Pastoriza explicou que, segundo información que lles foi trasladada por representantes a consellaría, o novo plan vai dividir en tres bloques o servizo actual con grandes recortes e deixando fóra a unha parte das persoas que actualmente son usuarias. O primeiro mantería o perfil do 065 actual só que se reduciría o número de autobuses á metade facendo transporte a demanda, só ate tres viaxes por semana como máximo por persoa. Un segundo bloque incluiría o transporte ás asociacións mediante copagamento por parte de  usuari@s. Os Centros de Día quedarían sen transporte ningún. 

A CIG denunciou que o conxunto do persoal do 065 recibiu xa a comunicación de finalización do contrato. Por outra parte, Pastoriza advertiu tamén que o PP vai substituír “traballadores con contrato indefinido, salario por convenio e, o que é máis importante, cunha experiencia e unha formación específica para tratar con persoal dependente por traballadores/as con contratos en precario, cobrando menos salario e, sobre todo, con falta de formación”.

Comentarios