Manifestación diante da Xunta da Galiza contra a "semiescravitude" das coidadoras

A protesta tivo lugar despois do V Encontro Nacional de Mulleres da CIG.
Manifestación da CIG Mulleres (Europa Press)
photo_camera Manifestación da CIG Mulleres (Europa Press)

Unhas 400 mulleres manifestáronse onte diante do edificio da Xunta da Galiza, en Compostela, para denunciar as "condicións de semiescravitude" que aturan as mulleres que se dedican aos coidados no ámbito profesional. A protesta produciuse despois do V Encontro Nacional de Mulleres Delegadas da CIG, onde se acordaron as principais reclamacións que se trasladarán ao vindeiro goberno da Xunta logo das eleccións do 5-A.

Desde a CIG culpan ao "Goberno do PP" de "privatizar" os coidados e exixir que estas cuestións "formen parte da rede de servizos públicos". O sindicato coincide coas feministas Galegas 8M, que o domingo reivindicarán que "sen coidados non hai vida".

Comentarios