Máis unha vez, centos de persoas marchan no Porriño contra a explotación laboral

Dous meses de loita dos 'autónomos dependentes' de Frigolouro. Vídeo no interior

2016 08 06 ManifaServicarneFrigolouroPorrinho01.grande

Unha nova mobilización percorreu Porriño para denunciar a explotación laboral dos autónomos dependentes en Frigolouro, unha marcha na que tomaron parte, segundo os convocantes -CIG-, centos de persoas. “Non á explotación laboral en Frigolouro” foi a palabra de orde. Ao remate da protesta tomou a palabra Suso García, da FGAMT-CIG de Vigo, que lembrou que a manifestación é un paso máis na loita que os traballadores e a central manteñen dende hai varios meses para denunciar o “neoescravismo” que practica Frigolouro e as “condicións infrahumanas .

García denunciou o que estes días foi revelado por unha traballadora da planta de Coren -grupo ao que pertence Frigolouro- en Ourense, a existencia de casos de empregados que caen desmaiados debido ao forte ritmo de traballo imposto e de outros que teñen que ser levados en cadeira de rodas até a ambulancia, o taxi ou o coche para que os trasladen ao centro de saúde. “Esta é a realidade de Servicarne; esta é a realidade do Grupo Coren, do que fai parte Frigolouro”, sentenciou. 

Comentarios