Madrid di ter chegado a un acordo coa industria e distribución para un prezo mínimo no leite

Estarían a favor, segundo comunicaron a representantes das explotacións, todas as empresas agás Reny Picot, Lactalis, Eroski e Lidl, segundo lle foi trasladado pola ministra á delegada do goberno español en Lugo. A conselleira de Medio Rural viaxa á cidade amurallada.

Segundo trascendeu na asemblea de produtores decorrida esta sexta feira (4 de setembro) perante o Multiusos da Xunta en Lugo a ministra de Agricultura tería comunicado á delegada do goberno español en Lugo, un acordo entre o executivo de Madrid e as empresas de recollida e distribución do leite. 

Reny Picot, Lactalis (unha das principais empresas na Galiza) Eroski e Lidl non aceptarían o acordo

Após unha xuntanza entre representantes das explotacións gandeiras (5) e a delegada do goberno, todas as entidades estarían de acordo coa fixación dun prezo mínimo en orixe agás Reny Picot, Lactalis (unha das principais empresas na Galiza) Eroski e Lidl, segundo fontes consultadas por Sermos Galiza

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, viaxa arestora cara á cidade amurallada para manter un encontro cos gandeiros que manteñen a mobilización na capital luguesa desde onte pola mañá. 

Comentarios