"Loitaremos até o final"

O comité pide a “intervención inmediata” de Alcoa e advirte que os traballadores loitarán “até o final”. Considera que a nacionalización debería ser “a primeira opción” sobre a mesa.

alcoa barricada san cibrao
photo_camera (CIG Alcoa)

O comité de empresa de Alcoa reuniuse esta sexta feira para analizar polo miúdo o anuncio da empresa de despedir 534 traballadores e traballadoras e abordar un calendario de mobilizacións. As voces que reclaman unha nacionalización da factoría son unánimes e exixen que esta intervención sexa “inmediata” para evitar despedimentos e perda de empregos.

Así o manifestou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, que optou por non desvelar as protestas e accións que van realizar os traballadores mais si advertiu que o persoal están disposto a loitar até o final polo seu emprego. "Loitaremos ata o final" foi un compromiso expresado por varios representanets dos traballadores. 

A defensa da nacionalización sumou apoios de practicamente todo o abano sindical (CIG, CCOO) e tamén foi defendido por organizacións políticas como BNG. A CIG instou o Goberno a derrogar a reforma laboral e aprobar xa unha tarifa industrial para evitar os despedimentos en Alcoa. “Ante a ameaza constante ao emprego e á actividade”, a central sindical defende tamén a intervención pública da fábrica. Desde CCOO piden ao Goberno español que active “mecanismos” que eviten os despidos e pon sobre a mes a “intervención” da planta.

A primeira hora da mañá desta sexta feira varias barricadas cortaban a estrada principal de acceso que leva á factoría de Alcoa en San Cibrao. Grupos de traballadores prenderon lume a palés e pneumáticos, nun protesto contra a decisión da empresa de despedir máis de 500 traballadores e fechar a factoría de aluminio.

Comentarios