Jesús Lence, propietario de Leite Río S.A., criticou esta terza feira as organizacións agrarias e as explotacións gandeiras que se están a mobilizar perante a crise do sector lácteo.
O que "están a montar" coas tractoradas "é porque gostan de ir de festa e non polos prezos baixos", espetou o empresario lugués que hai un mes deixou sen recollida en orixe a máis dunha vintena de explotacións.
A Xunta de Galiza recoñeceu que 541 explotacións perciben prezos inferiores a 0,20€/l.
Segundo Lence non existen [email protected] que estean a percibir "17 ou 18 céntimos" polo produto. "Non é verdade", "é falso", aseverou embora a propia Consellaría de Medio Rural cifrase na última xuntanza en que o propio Lence estivo presente en 541 as explotacións gandeiras que cobran menos de 0,20 céntimos o litro en orixe e en 2.151 as que o venden á industria a prezos inferiores a 0,26€.
"Os prezos de 27 céntimos a 30 é o que paga a industria ao ganadeiro, que é o prezo normal en toda Europa", acrecentou, de novo contradicindo as cifras oficiais que segundo a FEGA sitúan en 0,28 céntimos o prezo medio do leite na Galiza, o máis baixo do Estado español e dos menores da UE.