Na Perfumería Neobel de Santiago, da empresa ‘Perfumistas de Galicia’ de Hermanos Alberto Recio, hai actualmente 4 traballadoras de Baixa, ás que hai que sumar una quinta que tivo que deixar o emprego. Situacións que se deben, denuncia o sindicato CIG, á situación de “acoso laboral” que viven as empregadas desta tenda da capital galega por parte “do xerente e a encargada”.
Carminha Naveiro, da CIG-Servizos, afirma que, entre outras cuestións, “as traballadoras e traballadores son obxecto de berros, insultos, actitudes que atentan contra a súa dignidade persoal e profesional e mesmo que teñen que pedir permiso á encargada, que as acompaña e controla o tempo que lles leva facer as súas necesidades fisiolóxicas, cando teñen que ir o baño”. A empresa, engaden desde a central nacionalista, malia ser coñecedora do que estaba ocorrendo, “non fixo absolutamente nada para evitar o acoso”.
Coaccións
Ademais denuncian presións e coaccións para deixar a redución de xornada por coidado de fillo e filla para que regresen á xornada completa.