Inspección esixe a Frigolouro que converta todos os autónomos de Servicarne en persoal propio

A decisión afectará unas 250 persoas e chega após as máis de 80 denuncias presentadas pola CIG diante da autoridade laboral

2016 08 06 ManifaServicarneFrigolouroPorrinho01.grande

A CIG informa de que Inspección de Traballo vén de comunicarlle ao comité de empresa de Frigolouro -centro de produción de porcino do grupo Coren con sede no Porriño- que xa lle trasladou á dirección da empresa que ten que converter todo o persoal traballador autónomo da cooperativa Servicarne en persoal fixo antes do mes de novembro.

A decisión, que afectará uns 250 empregados, chega despois de a CIG presentar máis de 80 denuncias diante da autoridade laboral por incumprimentos detectados nas provincias galegas nas que a compañía ten centros de traballo.

Esta quinta feira, representantes da CIG e do comité de empresa de Frigolouro comparecerán nunha conferencia de imprensa para informar do asunto polo miúdo.

En marzo de 2016 o persoal de Frigolouro iniciaba una greve pola mellora das condicións dos autónomos dependentes. Un horario de traballo de oito horas, un salario mínimo fixo, tomando como referencia o convenio de industrias cárnicas; calendario de vacacións pagas e desfrutadas... eran algunhas das reivindicacións básicas.

Comentarios