Industria e servizos concentran o aumento do paro en Galiza

O número de persoas rexistradas no desemprego aumentou en 1.012 en agosto. O peor dato neste mes na última década.

Traballador industria

O paro rexistrado en Galiza a 31 de agosto é de 164.424 persoas, o que supón 1.012 máis das que había ao comezar ese mes. Unha media de 32 novas persoas no desemprego cada día. O comportamento foi diferente por sectores. Así, en agricultura e construción houbo un descenso en desempregados, 45 e 327 respectivamente. Todo o contrario sucedeu na industria e en servizos. En ambos os dous aumentou o número de persoas no paro rexistrado. En servizos en 1.134 e en Industria en 450.

En canto a contratos, en agosto rexistráronse 99.717, dos cales máis de 91.000 foron temporais, continuando así pois na liña de temporalidade e parcialidade cada vez máis estruturais na economía galega.

No rexistro da Seguridade Social hai agora na Galiza 1.158 cotizantes menos que a inicios de agosto.

A nivel de Estado o paro rexistrado aumentou en máis de 47.000 persoas, un dato peor que o do mesmo mes do ano anterior.

Comentarios