A industria deixa 6 cooperativas lácteas sen recollida

En conxunto suman 870.000 litros de leite ao mes. As explotacións anuncian que adoptarán medidas. A primeira, dar conta do acontecido á Xunta. 

Leite

Segundo o artigo publicado pola xornalista Alexandra Moledo en La Opinión, as cooperativas afectadas son Lugo-Codegui, Terra Chá, O Pereiro, Cooperativa de Lemos, Mopán de Monterroso e Cova de Vales en Mesía. 

A decisión foilles comunicada através dun correo electrónico no que se lles informa que non se renovará o contrato. Desde a cooperativa de Meis aseguran que as condicións pactadas (0,27 céntimos/litro) nen sequera se estaban a cumprir. Avanzan medidas e anunacian que darán conta do acontecido á Xunta de Galiza. 

Este feito prodúcese unha semana despois de denunciaren as centrais sindicais agrarias os incumprimentos do pacote lácteo por parte das empresas de recollida do leite así como a venda do produto por baixo dos custes de produción. Neste senso, exixiron á Xunta e ao Ministerio a anulación dos contratos asinados en 2015.

O sector lácteo atópase nunha fonda crise. Logo da desaparición das cotas lácteas desde as explotacións exixen o pagamento de prezos xustos en orixe e demandan medidas lexislativas que garantan mellores condicións de negociación. 

Neste senso, Galiza continúa a ser o territorio do Estado español onde o prezo do leite é menor. Embora o noso país producir o 40% deste produto no conxunto do estado rexístranse pagamentos de até 0,20 céntimos por litro

Comentarios