“Inditex obríganos a traballar”: denuncia sindical da loxística de Pull&Bear

Pull & Bear Narón Imaxe da CIG
photo_camera Pull & Bear Narón

UGT e CCOO de Pull&Bear Logística S.A en Narón denuncian que Inditex está a incumprir a lei de prevención e o estado de alarma ao “non establecer as medidas necesarias para evitar o contaxio do COVID-19” nin dotar das equipas de protección “necesarias”.

Ambos os dous sindicatos informan que expuxeron á dirección esta situación, solicitando o feche temporal deste servizo pois non é unha tarefa de primeira necesidade e as tendas ás que subministran están fechadas. A isto engaden que non se adoptaron as medidas necesarias para evitar contaxios.

Tamén informaron desta situación a Inspección de Traballo, indican estas centrais, que solicitaron unha nova reunión urxente coa empresa. “SE non se reverte a situación, contemplamos as medidas necesarias para protexer a nosa integridade e a das nosas familias”.

Comentarios